← Volver atrás

Carballo Abad, Moisés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Oviedo
(Principado de Asturias)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 20/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferroviario, 26 anos. Casado. Veciños de Xixón (Principado de Asturias). Factor ferroviario.

Presidente do Sindicato Nacional Ferroviario, vencellado á UXT. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Xixón, da que era secretario xeral en decembro de 1936. Presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) e despois das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU); destas últimas foi secretario de prensa. Dirixente da Fronte Popular (FP) en Xixón.

Encarcerado. Executado.

Vogal do Comité de Guerra que se constitúe en Xixón despois do alzamento. Tenente de alcalde do concello de Xixón durante a guerra. Membro do Control de Ferrocarriles del Norte. Entre outros cargos, tamén foi presidente dun Tribunal Popular de Guerra.

Despois da caída da Fronte Norte en outubro de 1937, capturárono os rebeldes nese mesmo mes a bordo do San Juan de Nieva. Internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 14/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono en Tui.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha