← Volver atrás

Carballo Vázquez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Coles
(Ourense)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 12/05/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 51 anos. Veciño de Vigo.

No ano 1931 era concelleiro na cidade viguesa, suspendérono no ano 1934 e repuxérono o día 20/02/1936 polo grupo de Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Presidente da loxa masónica Vicus nº 8.

Executado. Sancionado.

Despois do golpe militar consegue fuxir a Portugal e devolveuno a Policía Internacional e de Defensa do Estado portuguesa (PIDE) pola fronteira estremeña. Como non o coñecían non o detiveron e volveu a Galicia, entregándose en Vigo cando se promete o indulto para as persoas sen delitos de sangue.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste consello de guerra procesaron a: José Caldas Iglesias, metalúrxico; Antonio Carballo Vázquez, industrial, e Julio Vilaboa Villar, pintor.

Fusilado ás 11:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo a causa dunha intensa hemorraxia interna.

No mes de setembro de 1937 abríronlle un expediente de incautación dos seus bens.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Tamén o procesaron no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha