← Volver atrás

Carro Hernáez, Leandro

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Zarratón
(A Rioxa)
- 27/11/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Dresde
(Alemaña)
- 01/01/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico e político, 46 anos. Eran 13 irmáns, el o segundo; aos sete anos traballaba como mandadeiro. Emigrou de mozo a Biscaia, onde traballa de obreiro metalúrxico.

Militou na UXT chegando a ser o líder do Sindicato do Metal en Biscaia. Afiliado do PSOE ata 1921, cando se integra no Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), que en 1935 pasa a ser o PCE, sendo Leandro un dos fundadores e membro do Comité Central. Deputado nas Cortes por Bilbao (Biscaia) en 1936.

Membro do Comité Executivo do Socorro Rojo Internacional (SRI) en Madrid.

Fuxido. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Cando se produce o golpe de Estado atopábase en Ourense e agochouse nos montes de Maceda con, entre outras persoas, Benigno Álvarez González. Participou nas accións da guerrilla contra dos franquistas. En 1937 ou 1938 pasa a Portugal, onde se mantén agochado ata o remate da guerra civil.

Cando residía en Francia, ao remate da II Guerra Mundial, participa na organización da Operación Reconquista de España coa fracasada Invasión do Val de Arán.

Marcha cara América co apoio da Xunta de Auxilio aos Refuxiados Españois (XARE).

Vivindo no exilio, formou parte do Goberno vasco na diáspora de 1945 a 1948, sendo conselleiro de Obras Públicas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha