Nacemento:
Morte:
Areeiro e xornaleiro, 38 anos. Casado con Manuela Gómez Amor, tamén de 30 anos; tiñan catro fillos e un en camiño. Veciños da rúa Magdalena, 8, en Betanzos. O seu alcume corresponde realmente ao seu pai. Tiña dúas lanchas que se adicaban a extraer area na ría.
Militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, do que foi vogal en 1933.
Secundou un boicot do seu sindicato contra os almacenistas e comerciantes Irmáns Babío. A José ferírono e, máis tarde, paseárono por estes feitos. O día 24/11/1933 recibiu dous tiros nunha perna que lle pegou Emiliano Babío Teijeiro cando José lle requiría o pago da area, que Emiliano lle negaba e area que este lle requisaría co amparo da Garda Civil.
Paseado.
O día 27/10/1936 un grupo de milicianos e gardas civís buscouno na súa casa de noite; un dos milicianos, veciño de Carro, díxolle que botara a correr e tentara fuxir pero un garda civil reaccionou e disparou contra el. Tentou a fuxida á altura do Hospital de San Antón, pero ferírono; logo, co pretexto de trasladalo a curar a Santiago de Compostela (A Coruña), consumaron o seu asasinado no ramal de Meangos, en San Tirso e guindárono nunha cuneta.
Soterrárono no cemiterio de San Tirso.
Os veciños sinalaron que o pasearan polas súas disputas cos caciques Babío.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.