Nacemento:
Morte:
Labrega e política, 39 anos. Casou en 1920 con Eduardo García (morto de accidente na II República); tiveron catro fillos. Veciños de Santiago de San Mamede, Viana do Bolo. Estiveron emigrados en Sestao (Biscaia) e ao morrer o seu home, nun accidente laboral, volveron á aldea de Eduardo. En Bilbao coñeceu a Dolores Ibarruri Gómez, madriña do seu último fillo. Traballou as terras da familia e como xornaleira.
Era unha gran oradora e defensora do campesiñado. Responsable territorial do PCE na comarca de Viana do Bolo e defensora das persoas máis modestas.
Paseada. Sancionada.
Despois do golpe dos sublevados foi obxecto dunha constante persecución e andou fuxida un mes.
Detida polos falanxistas de Verín (Ourense) o día 20/08/1936, sería ultraxada, pelada, violada, exhibida nun carro de bois pola Gudiña e asasinada.
Morte rexistrada no lugar das Reverdeitas, Viana do Bolo, na estrada da Gudiña-Viana do Bolo, a causa de fractura e destrución masiva da masa cerebral.
Soterrárona os veciños que atoparon o seu cadáver nunha fosa común no Castro, Pexeiros.
Con posterioridade embargáronlle os seus bens e os seus fillos pequenos tiveron que ver como os fascistas lles queimaban as súas pertenzas. Os fillos maiores: Flora e Eduardo pasaron pola cadea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.