Nacemento:
Morte:
Carabineiro, 59 anos. Casado con Dolores Rodríguez López; tiveron un fillo: Tomás. Veciños de Monforte de Lemos. Fillo maior dun canteiro galego e dunha abulense.
No ano 1897 ingresou voluntario no exército e enviárono a Filipinas, onde formou como soldado na 3ª Compañía do 2º Batallón de Cazadores Expediconarios. No mes de febreiro de 1898 destacárono en Baler, provincia de El Principe (Filipinas) e, do 27/06/1898 ao 02/06/1899, foi un dos sitiados polos tagalos na igrexa de Baler. Un dos 33 sobrevivintes do asedio, un dos últimos de Filipinas.
De volta en España reside en Madrid ata o ano 1904, cando regresa a Monforte de Lemos e ingresa no Corpo de Carabineiros de Infantería; retirouse en maio de 1931.
Encarcerado.
Prendérono os franquistas e internárono na Prisión de Partido de Monforte de Lemos o día 09/10/1937.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 1322/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do 17/11/1937.
Puxérono en liberdade na cadea de Monforte de Lemos o 20/11/1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.