Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 50 anos. Casado con Jesusa Nieto Mourente. Veciños de Triabá, Santa María de Perdecanai, Barro.
No ano 1918 participa na constitución dunha Sociedade de Oficios Varios en Barro da que desenvolveu a presidencia no ano 1921.
Detido no ano 1921 baixo a acusación de lanzar unha bomba contra a casa de Manuel Rodríguez Maquieira; acusación que se probou que era falsa.
Durante a II República elixírono concelleiro de Barro en 1931 e alcalde en 1936, despois do triunfo da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe militar rebelde andou fuxido polo temor ás ameazas e ao acoso dos falanxistas.
Detido pola Garda Civil e os falanxistas en Moraña (Pontevedra) a mediados de setembro de 1936.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 03/03/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 209/37, co resultado de sentenza a 15 anos de cadea.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra o día 18/09/1936.
Despois trasladárono ao presidio de Figueirido (Pontevedra), á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e, por último, á prisión de Astorga (León).
En abril de 1940 ábreselle un expediente de responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.