Nacemento:
Morte:
Casada co avogado e político Juan González Rodríguez; tiveron cinco fillos: Luciano, Genaro, José-Luis, Alfonso e Javier. Veciños da Coruña.
O seu home foi presidente do Casino Republicano coruñés. Alcalde da Coruña en tres etapas (1919-1920, 1921 e 1931); autorizou a obra do edificio do Banco Pastor e sería o primeiro alcalde en ler un bando municipal en galego. Juan participou o día 26/03/1930 no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG).
Coa chegada da II República a Juan González reelixírono alcalde o día 26/08/1931 e desenvolveu este cargo ata o día 21/07/1932, cando o nomearon gobernador civil de Ourense; o día 03/10/1933 pasou a ser gobernador civil de Lugo. Afiliado a Esquerda Republicana (ER), volveu ser concelleiro da Coruña no período da Fronte Popular (FP).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.