Nacemento:
Morte:
Médico e político, 39 anos. Casou o día 06/08/1939 con María-Concepción Cachafeiro Varela; tiveron un fillo: Eduardo. Veciños de Neda. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciou no ano 1923. Abriu unha consulta en Ferrol e foi médico titular da sociedad Socorros Mutuos La Legalidad desde 1925. Co tempo instalouse como médico rural no Pazo da Merced, Neda. Atendía aos enfermos máis necesitados da súa zona.
Militou na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e foi dirixente de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade. Concelleiro de Neda e tenente alcalde no ano 1931; en ocasións foi alcalde accidental.
Encarcerado.
Despois do golpe militar pasou varios meses preso no castelo de San Felipe, Ferrol.
Xa en liberdade axudou de distintos xeitos aos guerrilleiros antifranquistas; facendo curas a feridos, entregando menciñas, acubillándoos e, a máis, impartíndolles cursos de primeiros auxilios.
Prendérono por mor destas actuacións no ano 1941 e internárono por pouco tempo na Prisión Provincial da Coruña.
En abril de 1949 era médico de Atención Pública Domiciliaria (APD) en Neda e permaneceu coa súa consulta no Pazo da Merced.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.