Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 23 anos. Solteiro. Veciño de Corme. Patrón. Trasladouse de mozo a Pasaia (Guipúscoa). Irmán de Juan-Francisco Centeno Chans, procesado.
Militante de El Avance Marítimo, da CNT.
Exiliado. Encarcerado.
Fixo a guerra no bando republicano na Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE) e patroneou o bou artillado Donostia na batalla do cabo Machichaco. Formando xa no 51º Batallón Columna Durruti, ferírono o día 30/08/1936 en Rentería (Guipúscoa) e perdeu a vista dos dous ollos.
Causa militar instruída inicialmente en Cervera (Lleida) e continuada en Ferrol (A Coruña), inculpado polo delito de rebelión, co resultado de sobresemento provisorio.
En xullo de 1938 atopábase en Barcelona cualificado soldado “inútil total”, cunha pensión de dez pesetas/día, que perdeu cando caeu a República.
Despois do conflito español pasou a Francia e internárono no campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia) desde o día 01/04/1939; o día 26 de abril ingresou no hospital de La Roseraie, Biarritz (Nova Aquitania, Francia).
Na data do 26/08/1939 ingresou na Residencia de Mutilados de Guerra de lbarritz, Biarritz.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.