Nacemento:
Morte:
Tabaqueiro e sindicalista, 51 anos. No ano 1908 casou con Dolores Rey Pérez. Veciños da Coruña. Era canteiro en Ferrol (A Coruña) en 1897; trasladouse á Coruña en 1903 e converteuse en referente sindical. Emigrado en Cuba en 1905. Expulsado de Cuba en 1911. En 1920 trasladouse a Madrid.
En 1916 constitúe na Coruña La Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Presidente da Agrupación Socialista (AS) da Coruña. Dirixente de La Unión Tabacalera e da Sección de Tabacos da UXT en 1916. Candidato a alcaldía da Coruña en 1917 polos socialistas. Deixou o PSOE en 1921 e foi un dos fundadores do PCE. Presidente da Federación Tabaqueira Española, de carácter autónomo e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado.
Fuxido. Exiliado.
Severino figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O golpe de Estado sorprendérao na Coruña, onde se agochou un ano antes de fuxir por mar á zona republicana; escondeuse nunha dobre parede no propio cuartel da Garda de Seguridade e Asalto, na Gaiteira, a Coruña.
Sospeitoso de estar implicado na fracasada Fuga do Portiño.
Semella que puido fuxir a Francia, en barco, o día 11/01/1938. Pasou a Valencia onde volve incorporarse á UXT e foi vogal do seu Comité Nacional de 1938 a 1939.
Exiliado en Francia de 1939 a 1940 a onde fuxira nun barco pesqueiro, en Santo Domingo en 1940, en Venezuela de 1940 a 1946, en Francia de 1946 a 1950, en Checoslovaquia en 1950, e en Venezuela, de novo, de 1950 a 1967.
Regresou a Madrid en 1967, onde morre pasados uns anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.