← Volver atrás

Cid Rivo, Isidoro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

San Breixo de Seixalbo, Ourense
(Ourense)
- 29/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Casado; tiñan tres fillas. Veciños de Vigo (Pontevedra). Mestre en Paderne de Allariz (Ourense), trasladárono a Vigo no ano 1934.

Militante do PCE e da UXT. Secretario da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV) e secretario da Sociedade de Amigos da URSS. Tamén foi secretario do Ateneo de Vigo.

Depurado. Exiliado.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo durante tres meses pola Comandancia Militar de Ourense.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No ano 1936 pasou a Portugal e despois, desde Lisboa, a Montevideo (Uruguai) coa súa dona e as tres fillas; chegaron no ano 1938.

En Montevideo (Uruguai) traballou na Casa de Galicia como contable. Secretario da Delegación da UXT en Uruguai e membro da Asociación Nacional Galega (ANG) de Montevideo.

Nunca volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha