← Volver atrás

Colomo Álvarez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Oficinista, 24 anos. Casado. Veciños de Madrid.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) e da Agrupación Socialista (AS) madrileñas.

Encarcerado.

Durante a guerra civil pertenceu ao Instituto de Carabineiros, onde acadou o grao de cabo. Entre outras frontes de guerra, destinárono no verán de 1937 ás unidades de choque de Castellón. Prendérono as tropas rebeldes.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Tribunal Militar Territorial nº 1 de Madrid polo delito de auxilio á rebelión e condenado á pena de reclusión.

Pena ordinaria que lle conmutaron na Comisión Central de Exame de Penas da capital do Estado.

Internárono na Prisión Provincial de Lugo o 06/11/1939 e deixárono en prisión atenuada domiciliaria o 07/10/1940.

Tamén lle abriron un expediente por responsabilidades políticas e indultárono en 1944.

Segundo as fontes, o seu segundo apelido tamén se rexistra como Coloma ou Colono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha