← Volver atrás

Comesaña Pérez, Maximiliano-Segundo

Alcume: Sapo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

San Mamede de Priegue, Nigrán
(Pontevedra)
- 30/12/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Coruxo, Vigo
(Pontevedra)
- 10/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 23 anos. Solteiro. Veciño de Priegue. Fillo de Salvador Comesaña e de Rosa Pérez Valverde.

Fuxido. Paseado.

Cando se produce o golpe de Estado de xullo foxe. Os franquistas acusárono de actuar na requisa de armas e de facer fronte ao exército sublevado.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar, na causa 646/36 contra 22 veciños de Priegue, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. O instrutor da causa foi o comandante de Infantería retirado Francisco Arriaga Seoane.

Segundo Carlos Méixome prendérono, paseárono e rexistrárono morto en Vigo como Maximino Comesaña Lago. O seu cadáver aparecera no camiño de Fragoselo a Tintoreira, en Coruxo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha