← Volver atrás

Cordero Pérez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

San Pedro de Riomol, Castroverde
(Lugo)
- 19/08/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 25/04/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, sindicalista e político, 50 anos. No ano 1902, con 17 anos, marchou a Madrid. Sen estudos, formouse de xeito autodidacta.

No ano 1905 ingresou na Agrupación Socialista (AS) de Madrid e, co tempo, no Sindicato de Artes Blancas Alimenticias, da UXT. Asiste a moitos congresos como representante dos panadeiros e, noutros casos, como representante das agrupacións socialistas. Concelleiro de Madrid de 1919 a 1923. Vogal do Comité Nacional da UXT de 1914 a 1918 e da súa Comisión Executiva de 1920 a 1932. Vogal do Comité Executivo do PSOE de 1928 a 1939. Novamente concelleiro de Madrid no ano 1931 e deputado nacional nese mesmo ano.

Como representante do PSOE participou na Comisión Electoral que negociou o programa político da Fronte Popular (FP).

Exiliado.

Durante a guerra civil desenvolveuse como concelleiro de Madrid e deputado provincial polo PSOE. Participou en varios xulgados mixtos.

Ao rematar a contenda pasou a Francia e, despois, a Casabranca (Marrocos), onde embarca no vapor Katiola cara a República Arxentina, chegando a Bos Aires o día 14/12/1940.

Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha