← Volver atrás

Cordón García, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Verín
(Ourense)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 37 anos. Veciño de Verín. Axente de Alfándegas en Verín, onde era o administrador.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Verín e propagandista da Fronte Popular (FP). Concelleiro de Verín no ano 1936.

Executado.

Cando acontece o golpe de Estado, co comunista Manuel Gómez del Valle, trasladouse á Gudiña (Ourense) para unirse aos que estiveran por facer fronte á sublevación dos militares, sobre todo obreiros do ferrocarril Zamora-Santiago de Compostela. Detivéronos aos dous os fascistas o día 21/07/1936 en Xinzo de Limia (Ourense) e trasladáronos á capital provincial; acusábanos de organizar a resistencia ao golpe de Estado.

Xulgado en Ourense a consello de guerra sumarísimo o día 08/08/1936, na causa 123/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha