← Volver atrás

Cortés Fernández, Jose-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado. Depurado

Nacemento:

San Miguel de Castro, A Estrada
(Pontevedra)
- 22/06/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 15/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, xornalista e político, 39 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Mestre interino de San Martiño de Asperelo, Rodeiro (Pontevedra) en 1929. No ano 1931 aprobou as oposicións e destinárono como mestre a San Cristovo de Goián, Tomiño (Pontevedra).

Colaborador en varios xornais: El Emigrado, Tribuna, Nuevo Heraldo e El País.

En abril de 1933 a Garda Civil rexistrou o seu domicilio na procura de folletos clandestinos.

Socio da Casa do Mestre de Pontevedra e da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Pontevedra (ATEP).

Encarcerado. Executado. Depurado.

Despois do golpe militar prendérono os franquistas o día 21/07/1936, camiño da Estrada, por participar na resistencia ao golpe e cando ía á fronte dunha expedición de automóbiles con xente armada.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra, o día 08/10/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte. O fiscal foi Hernán Martín-Barbadillo Pául.

Neste consello de guerra xulgaron a: Manuel-Gumersindo Bugallo Pereiras; Ramiro Buján Gómez, albanel; José-María Cortés Fernández, mestre; José-María-Generoso Gómez Rivas, labrego.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

A Cortés Fernández e a Gómez Rivas, condenáronos á pena de morte aos dous e executáronos na estrada de Campañó ás 17:30 h do día 15 de outubro.

A José-María executárono polas súas ideas e non por ter cometido delito algún. Un dos exemplos claros da persecución ao maxisterio, “así aprenderán a no tener ideas”.

Depurárono do maxisterio despois da súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha