Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 35 anos. Casou con Manuela Lema; tiveron un fillo: Luis-Manuel. Veciños da Coruña. Era un dos 13 fillos do boticario Cortiñas. Irmán de Francisco Cortiñas Díaz, asasinado por un garda civil. Luis era o máis pequeno dos 13 irmáns, todos das dereitas, agás el. Estudou a carreira de Dereito en Madrid. En 1931 instalouse como avogado na Coruña.
Presidente das Irmandades da Fala en Betanzos.
Colaborou con La Voz de Galicia.
Pertencía á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e logo a Esquerda Republicana (ER).
Encarcerado. Exiliado. Depurado.
O golpe dos sublevados colleuno en Carballo (A Coruña), onde pasaba consulta de avogado.
Prendérono os franquistas en Carballo, en novembro de 1936, pola denuncia dun sarxento dos Requetés.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 13/11/1937 polo delito de rebelión, na causa 63/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 11/03/1938.
Interno na Prisión Central de Orduña (Biscaia), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 27 do día 27/01/1941.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración.
Exiliouse na República Arxentina ao saír da cadea; tiña familia alí.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.