← Volver atrás

Coto Martínez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Miguel de Marcón, Pontevedra
(Pontevedra)
- 13/12/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 02/06/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 23 anos. Mozo de Matilde Villaverde Martínez; tiveron unha filla que Manuel xa non coñeceu: Manuela. Veciños de San Miguel de Marcón.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Obrigado a alistarse no exército golpista, axiña se pasou ao bando leal republicano.

Xulgado en consello de guerra en Zaragoza polo delito de adhesión á rebelión, na causa 186/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Despois da guerra civil consegue pasar a pé a Francia e internárono no campo de refuxiados de Vernet e no campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia). En novembro de 1939 incorporouse á 31ª Compañía de Traballadores Estranxeiros e capturárono os nazis despois da invasión de Francia no decurso da II Guerra Mundial.

Detido polos nazis en 1940, ingresárono no campo de exterminio de Bad Fallingbostel stalag XI-B (Baixa Saxonia, Alemaña). O día 27/01/1941 internárono no campo de exterminio de Mauthausen (Austria) e o día 20/10/1941 enviárono ao sub-campo de Gusen (Austria), onde se rexistra a súa morte ás 08:00 h por mor dun problema circulatorio.

A súa dona e a súa filla acabaron marchando para a República Arxentina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha