← Volver atrás

Criado Gabeiras, Vicente

Alcume: Chente
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Felipe, Santa María de Brión, Ferrol
(A Coruña)
- 23/03/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar e político, 22 anos. Mariño da Armada, patrón dunha lancha torpedeira no destrutor Lepanto.

Exiliado. Encarcerado.

Cando comezou a guerra era cabo especialista do destrutor republicano Lepanto.

Deste destrutor, o patrón de lancha torpedeira Vicente Criado Gabeiras e o radiotelegrafista José Fernández Dopico acabaron no exilio. Ao mariñeiro Antonio Rey Conchado, 22 anos, foille sobresida a súa causa, e Francisco Ruibal Viqueira, 24 anos, pasou pola cadea.

Coa derrota republicana en Cataluña marchou cara Francia e confinárono no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Ao remate da guerra civil fuxiran uns 500.000 españois. Ingresárono nunha compañía de traballadores estranxeiros e destinárono aos Alpes Marítimos.

Capturado polos nazis na Bolsa de Dunkerque (Alta Francia, Francia) o día 04/06/1940. Preso nun stalag (stammlager: campo alemán de presos de guerra) en Krems-Gneixendorf stalag XVII-B (Baixa Austria, Austria). Deportárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde chega o 19/12/1941.

Liberado polos aliados do campo de Mauthausen o día 05/05/1945.

No exilio en Francia, instalouse en Baiona. Semella que regresou a España en 1980.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha