← Volver atrás

Cuesta Fernández, Eusebio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monforte de Lemos
- 08/10/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e sindicalista, 34 anos. Casado. Veciño de Monforte de Lemos.

Militante do PSOE e da UXT. Vogal da Agrupación Socialista (AS), na que exerceu de revisor de contas no ano 1934. Presidente do Centro Obreiro da súa localidade en 1935.

Encarcerado.

No momento do golpe de Estado participou na requisa de armas para facer fronte aos rebeldes.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos o día 22/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1156/36, co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 28/01/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1182/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 23/11/1937.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo, en 1938, pola de cadea perpetua.

Enviado ao cárcere das Palmas de Gran Canaria o día 06/03/1939, onde permaneceu ata o ano 1941.

Despois pasou a Yeserías (Madrid) e liberárono no ano 1944.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas, sancionárono e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha