Nacemento:
Morte:
Médico e profesor universitario, 28 anos. Veciño de Madrid. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e na de San Carlos, en Madrid, na que se licencia en 1934. Profesor auxiliar de clases prácticas de Patoloxía Xeral na Facultade de Medicina da Universidade de Madrid no curso 1933/34. Tivo unha clínica, con outros médicos, na rúa Diego León, 61, en Madrid.
Depurado. Encarcerado.
Cando comeza a guerra civil atopábase en Alemaña e regresou á zona leal á República, a Madrid, e incorporouse ao servizo de transfusión de sangue, especialidade na que acadou importantes avances.
Cesado no seu posto de traballo o día 28/03/1939 ao sinalalo Enrique García Ortiz, que era compañeiro de cátedra, como persoa identificada coa Fronte Popular (FP). Apartárono da universidade e inhabilitárono para cargos públicos e de confianza.
Xulgado en consello de guerra en Madrid polo delito de auxilio á rebelión condenárono, o día 07/10/1939, a doce anos e un día de cadea.
Pena ordinaria conmutada na comisión de Madrid pola de seis anos e un día de prisión.
Cumpriu dous anos de condena na prisión de Porlier, en Madrid.
Morre en accidente de tráfico en Becerreá.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.