Nacemento:
Morte:
Militar, 58 anos. En 1894 ingresou na Academia de Infantería de Toledo e licenciouse en 1896 como segundo tenente. Veterano da guerra de Cuba, destinárono á de África xa co grao de tenente coronel. No ano 1929 era xeneral de brigada e enviárono como xefe do Estado Maior da VII Rexión Militar.
Ao proclamarse a II República solicitou o retiro e pasou a vivir en Burgos desde onde participou na conspiración militar para derrocar o goberno da Fronte Popular (FP).
Golpista.
Na noite do 18 ao 19 de xullo de 1936 ocupou o Goberno Civil de Burgos. Foi membro da Xunta de Defensa Nacional golpista e xefe do Estado Maior do Exército.
Tras da morte de Emilio Mola Vidal en accidente de aviación, en xuño de 1937, substituíuno no mando do Exército do Norte, co que ocuparía Biscaia, Cantabria e o Principado de Asturias.
En xaneiro de 1938 nomeárono ministro de Defensa polo que acadou o mando o mando das tropas de Terra, Mariña e Aire; ao pouco ascendeu a tenente xeneral.
Participou na Ofensiva de Aragón, na campaña para illar Cataluña, na Batalla do Ebro e na ocupación final de Cataluña.
En agosto de 1939 cesou como ministro e destinárono como capitán xeral da II Rexión Militar (Sevilla). En xullo de 1945 foi ministro do Exército, posto no que cesa en 1951. Tamén participou no Consello do Reino.
Despois do seu pasamento ascendérono de xeito honorífico a capitán xeneral.
Foi un dos 35 cargos franquistas imputados no ano 2008 na Audiencia Nacional, no sumario instruído polo xuíz Baltasar Garzón Real, polos presuntos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.