← Volver atrás

Davila Millos, Hipólito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 52 anos. Casado. Veciño de San Salvador de Teis, Vigo.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe o día 19/09/1938 desde A Coruña cara Brest (Francia) no buque pesqueiro Rafael del Palacio.

Neste barco fuxiron dez persoas da Ría de Vigo. Os vigueses: Agustín Barciela Manzanares, mariñeiro; Hipólito Davila Millos, mariñeiro; Santiago Manzanares Lestón, mariñeiro; José Martínez Hidalgo, mariñeiro, e José-Antonio Valverde Lago, mariñeiro; de Redondela (Pontevedra) eran: José-María Cobelo Campelos, mariñeiro, e Antonio Durán Otero, patrón do barco. Dous eran de Bueu (Pontevedra): José García Acuña, mariñeiro, e Víctor López Ferradás, mariñeiro, e Belarmino Rodríguez Rial, fogueiro e veciño de Nigrán (Pontevedra).

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (fuxida do buque pesqueiro Rafael del Palacio) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena conmutada pola de seis anos e un día en maio de 1940.

Interno na Prisión Provincial de Pontevedra, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 164 do día 13/06/1941.

Procesárono no expediente 74/39 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha