Nacemento:
Morte:
Labrego, 38 anos. Solteiro. Veciño de Bande.
Encarcerado. Executado.
Cando se produce o golpe de Estado traballaba nas obras do ferrocarril en Requeixo de Sanabria (Zamora). Pasou a Braganza (Portugal), onde o prenderon as autoridades lusas e conducírono a Lisboa (Portugal).
Embarcou no vapor Nyassa con outros refuxiados e desembarcaron en Tarragona. Xa en Barcelona, traballou de peón ata que ocuparon a cidade os rebeldes.
Os franquistas pasaportárono a Porto Quintela, Santa Comba, Bande, onde volve a traballar de peón.
O día 11/09/1940 participou, con outros antifranquistas, o asalto ao comercio dos irmáns Castro Álvarez en Porto Quintela. Prendérono as autoridades golpistas.
Internárono na Prisión Provincial de Lugo o 18/11/1940 e, o seguinte día 22, trasladárono ao campo de concentración da praia de Arnau, Figueras, Castropol (Principado de Asturias).
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Ourense, na causa 177/41, co resultado de sentenza á pena de morte.
Executárono no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Abríronlle en Zamora un expediente por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1946.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.