← Volver atrás

Delgado Gurriarán, Florencio-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Santa Coloma de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 27/08/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Fair Oaks
(California, Estados Unidos)
- 14/05/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e poeta, 32 anos. Veciño de Córgomo. Irmán de María Delgado Gurriarán, detida. A familia viviu en Ourense, Palencia e Valladolid. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid. No ano 1928 volveu ao Barco de Valdeorras e exerceu como avogado.

Militou nas Irmandades Galeguistas de Valdeorras no ano 1930.

No ano 1933 ingresou no Partido Galeguista (PG), do que sería secretario en Vilamartín de Valdeorras.

Fuxido. Exiliado.

Despois do comezo da guerra, en outubro de 1936, pasou a Porto (Portugal) e logo a Burdeos (Nova Aquitania, Francia), volveu á zona republicana de Barcelona en xaneiro de 1938, onde se alista no exército republicano na Subsecretaría de Armamento e, como tenente, no Servizo de Información Periférico.

Tamén foi entón secretario de propaganda do PG.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

A principio do ano 1939 volveu a Francia e enviou emisarios para contactar cos grupos guerrilleiros antifranquistas de Galicia.

Ao rematar a guerra civil embarcou no Ipanema en xuño de 1939 cara Veracruz (México), onde desenvolveu moitas ocupacións.

Membro non numerario da Real Academia Galega (RAG).

Formou parte do Consello de Galicia en México.

Regresou a Galicia no ano 1981.

No ano 2022 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha