Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 25 anos. Veciño da Portela.
Membro do Partido Galeguista (PG) en Vilamartín de Valdeorras desde 1934 ata o 29/05/1936.
No mes de xuño de 1934 tiroteouno o crego José Caurel cando tocaba as campás da igrexa para convocar ao pobo a unha folga. O mesmo cura denunciouno en marzo de 1936 por pedirlle que abandonase a casa reitoral e coa pretensión de pasala, xunto co cemiterio, á propiedade do concello.
Fuxido. Executado.
Cando se produce o golpe dos sublevados, o día 21/07/1936 participou no enfrontamento contra ás forzas falanxistas e militares sublevados, que pretendían tomar Vilamartín de Valdeorras.
Despois ocultouse nos montes con outros veciños e pretendeu pasar ao Principado de Asturias sen conseguilo. Denunciárono, localizárono os represores no ano 1937 e detivérono.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de adhesión á rebelión, na causa 458/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste consello de guerra condenaron á pena de morte a: José-Luis Delgado Núñez; pena de cadea perpetua para Juan-Antonio Álvarez Quiroga; sentenza de sobresemento para Antonio Fernández; declararon fuxido a Antonio Rodríguez García; descoñécese o sentido do auto de José Sánchez García.
Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.