Nacemento:
Morte:
Avogado, maxistrado e político, 27 anos. Casou con Carmen López Todo. Desde o ano 1934 residía en Caldas de Reis (Pontevedra). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela desde o ano 1929 e presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS).
Preso gobernativo por 15 días no ano 1934 e no ano 1935.
Encarcerado. Sancionado. Depurado. Exiliado.
Co golpe militar detivérono os sublevados e pasou dez meses na cadea.
Os franquistas sancionárono cunha multa de 250 pesetas en xuño de 1937.
Dérono de baixa no corpo de aspirantes á xudicatura en outubro de 1937.
Puxérono en liberdade, pasou á zona republicana por Francia e chegou a Cataluña o día 06/01/1938.
O día 22/02/1938 nomeárono maxistrado electo da Audiencia Provincial de Lleida, onde permanece ata a caída de Cataluña.
Exíliase en Francia o día 09/02/1939, retivérono en Vernet les Bains (Pireneos Orientais, Francia); residiu en Orleáns e París.
O día 13/07/1939 embarcou en Francia no buque Mexique e chegou a Veracruz (México) o día 27/07/1939. Trasladouse a México DF e traballou nunha fábrica de mosaicos.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1947.
Volveu a España e rehabilitárono como maxistrado no mes de outubro de 1976 e destinárono á Audiencia de Barcelona, onde se xubilou en decembro de 1979.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.