← Volver atrás

Díaz Fernández, Gerardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Exiliado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre, 29 anos. Veciño de Porto do Son. Estudou Maxisterio. Traballou no xulgado de Noia (A Coruña).

Dirixente de Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Depurado. Exiliado.

Prendérono os fascistas nada máis comezar a guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 376/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Inhabilitárono para exercer a súa profesión.

Pasou dous anos na cadea en Santiago de Compostela e outros dous na Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 151 do día 31/05/1941.

Cando sae da prisión atopa todas as portas pechadas e marcha cara Montevideo (Uruguai).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha