← Volver atrás

Díaz Gallego, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

San Salvador de Ferreiros, A Pobra do Brollón
(Lugo)
- 29/10/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Médico, escritor e político, 39 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños do Incio (Lugo). Estudou a carreira de Medicina en Madrid e licenciou no ano 1922. Médico en Vilar de Barrio (Ourense). Director do Balneario do Incio.

Candidato por Alianza Republicana (AR) en 1931, por Lugo, nas eleccións ás Cortes Constituientes. Despois militante de Esquerda Republicana (ER) no Incio.

No ano 1936 publicou Cartilla sanitaria.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes foxe e detivérono os franquistas en Tui (Pontevedra) en agosto do ano 1936.

Ingresárono no depósito de Sarria (Lugo) o día 02/08/1936 e trasladárano á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo por facer propaganda contra o Movimiento, na causa 315/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 15/09/1936.

Puxérono en liberdade provisoria o día 16/12/1937, pasou a Portugal, prendérono e trasladárono a Tui (Pontevedra) o día 15/05/1938. O seguinte día 20 ingresárono na Prisión Provincial de Ourense. O día 28/06/1938 trasladárono a Irún para un intercambio de presos e pasou á zona republicana.

Traballou nos Servizos Sanitarios de Carabineiros republicano co grao asimilado ao de tenente.

Exiliado en Francia, cando residía en Prats-de-Mollo-la-Preste, manifestou o seu desexo de marchar a México. Estivo tamén na República Arxentina.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Co tempo chegou a Venezuela, país no que se produce o seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha