← Volver atrás

Díaz Hortas, Aureliano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Outeiro de Rei
(Lugo)
- 11/02/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/2006 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Policía, 31 anos. Casou con Isabel en Barcelona no ano 1938; tiveron unha filla. Veciños de Barcelona, onde Félix era policía desde 1934. Irmán de Victorino Díaz Hortas, morto no campo de exterminio de Gusen (Austria).

Exiliado. Encarcerado.

Participou en diversas accións na fronte da guerra civil e ferírono en varias ocasións; acadou o grao de tenente do exército republicano.

Ao remate da contenda española, xa afiliado ao PCE, pasou a Francia en 1939 e internárono no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Despois, xa nunha compañía de traballadores estranxeiros, enviárono á Liña Maginot.

Prendido polos nazis alemáns, remitírono ao campo de Tréveris stalag XII-D (Renania, Alemaña). O día 25/05/1941 ingresou no campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o liberaron as tropas aliadas o día 05/05/1945.

Pasou despois a vivir en Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha