← Volver atrás

Díaz Máuriz, Evaristo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Neda
(A Coruña)
- 15/10/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 53 anos. Mariño da Armada. En novembro de 1904 acada a praza de 2º maquinista naval na Armada. No ano 1922 era maquinista oficial de 2ª (alférez de navío). Tenente coronel en marzo de 1936.

Golpista.

Cando se produce o golpe dos militares en Ferrol (A Coruña) tiña o grao de tenente coronel e desenvolvía o cargo de director da Academia de Maquinistas da Armada na cidade ferrolá, posto para o que o designaran o día 17/06/1936.

Uniuse aos militares rebeldes en Ferrol e defendeu a Academia de Maquinistas diante dos intentos dos mariñeiros leais á República. Pasou a guerra civil neste cargo de director desta academia e ascendérono a coronel en abril de 1938.

En outubro de 1948 pasou á reserva pola súa idade, cesando como xeneral subinspector do Corpo de Maquinistas da Armada.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha