← Volver atrás

Díaz Méndez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Galdo, Viveiro
(Lugo)
- 01/12/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Taxista, 49 anos. Veciño de Madrid.

Afiliado da UXT desde 1909 e da Agrupación Socialista (AS) madrileña desde 1917. Pertenceu ao Sindicato de Transporte Urbano madrileño e do que foi secretario na Federación Nacional.

Encarcerado.

Durante a guerra civil estivo no Servizo de Tren do Exército republicano, inspector co grao asimilado ao de comandante. Formou parte da Comisión do Concello Municipal de Madrid en representación da UXT; designárono para o cargo o día 24/04/1937 e onde permaneceu ata o remate da guerra.

Detivérono os franquistas o día 06/05/1939 polos franquistas e ingresado na Prisión das Comendadoras, en Madrid.

Xulgado en consello de guerra en Madrid, en xullo de 1941, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Pasou polas cadeas de Pamplona, Balmaseda (Biscaia), Logroño e Yeserías (Madrid).

Interno na Prisión Central de Yeserías, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 87 do día 27/03/1944.

Xa en liberdade incorpórase ás organizacións socialistas clandestinas de Madrid e prendérono no mes de marzo de 1945.

Xulgárono en consello de guerra en Alcalá de Henares (Madrid) o día 23/02/1946 e condenárono a seis anos de cadea, que cumpriu en Alcalá de Henares e Burgos; sae en liberdade condicional en setembro de 1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha