← Volver atrás

Díaz Ortiz, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Pedro de Cangas, Foz
(Lugo)
- 17/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 22/10/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, militar e empresario, 27 anos. Veciño de Xixón (Principado de Asturias). Oficial 1º de Correos en Pola de Laviana (Principado de Asturias) e despois en Xixón.

Militante do PCE en Xixón desde o 25/09/1936. Afiliado ao Sindicato Nacional de Empregados de Correos, da UXT. Membro do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Fuxido. Encarcerado.

Durante a guerra civil mobilizouno o Exército Popular da República, onde acadou o 01/12/1936 o grao de capitán do Batallón de Trasnmisións e Enlanes do 3º Corpo do Exército do Norte. Estivo nas frontes de Albacete, Cuenca e Teruel.

Cando as tropas rebeldes entraron en Madrid en 1939, agochouse na casa de José Novo Ferreiro, onde argallou un plan de fuxida.

Foxe de Madrid agochado nun camión de transporte de peixe de Galicia a Madrid de Pascual Fernández Saá (amigo seu da infancia), ata chegar a San Pedro de Cangas. Escondeuse tres anos entre San Pedro de Cangas e San Xiao de Cordido, en Foz.

Capturado polos represores franquistas.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 25/04/1939.

Puxérono en liberdade o día 05/02/1940.

Xulgado en consello de guerra, no ano 1941, en Xixón co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Volveu a Madrid despois da guerra e chegou a ser un empresario de éxito con panaderías en Madrid, barcos de pesca en Foz e A Coruña e terreos de cultivo de cereais en Cuenca e Toledo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha