← Volver atrás

Diéguez Seco, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 16/08/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xixón
(Principado de Asturias)
- 16/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 21 anos. Veciño de Ferrol.

Militante da UXT e do PCE.

Executado.

Mobilizado polo exército franquista no Rexemento Burgos nº 31 durante a guerra civil, desertou cara o bando republicano, onde loitou no Batallón de Cazadores, no 33º Batallón Asturias desde o 20/11/1936 e, a partires do 16/07/1937, no 71º Batallón Asturias.

Capturado polas tropas sublevadas o día 22/10/1937, ingresárono no campo de concentración de La Harinera e despois na prisión de El Coto, ambas en Xixón.

Xulgado en consello de guerra en Xixón o día 17/01/1938, na causa 1812/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado en Xixón. Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de El Suco, barrio de Ceares, Xixón, onde se atoparon os restos de 1934 vítimas do franquismo.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha