← Volver atrás

Dieste Gonçalves, Rafael-Francisco-Antonio-Olegario

Alcume: Félix Muriel
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Rianxo
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 15/10/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor e xornalista, 37 anos. Casado con Carmen Muñoz Manzano. Veciños de Madrid. Fillo pequeno de emigrantes galegos e portugueses. Fixo a servizo militar, entre 1921 e 1923, nas campañas de Marrocos. Rematou a carreira de periodismo.

Membro da Alianza de Intelectuais Antifascistas durante a guerra civil.

En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos (SEG). Pertenceu á Xeración de 1927. Colaborou, cando residía en Madrid, coas Misións Pedagóxicas.

Colaborador dos xornais Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego.

Exiliado. Encarcerado.

A sublevación militar colleuno traballando nas Misións Pedagóxicas na zona republicana coa súa dona; era un programa cultural patrocinado pola II República. A parella acompañou ao Goberno republicano na súa retirada cara Valencia e Barcelona.

Despois da caída de Barcelona, en 1939, exiliáronse en Francia e estiveron no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Pasaron breves temporadas en Francia, Países Baixos e Uruguai, para exiliarse 20 anos entre Bos Aires (República Arxentina), México e Inglaterra.

No ano 1961 volveron a Rianxo e a mediados dos sesenta instaláronse na Coruña,

No ano 1970 ingresou na Real Academia Galega (RAG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha