← Volver atrás

Dios Vázquez, Edelmiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado. Sancionado

Nacemento:

Pontevedra

Morte:

Pontevedra
- 04/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, sindicalista e político. Veciño de Pontevedra. Eran once irmáns. Ás súas irmáns Serafina (Fina) e Esclavitud (Tucha) rapáranos e estiveron dous meses presas; tamén prenderon o pai.

Vicesecretario da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra, presidente das Xuventudes Socialistas (XXSS) locais e secretario da Sociedade de Metalúrxicos vencellada á UXT. Membro da dirección do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Cando se produce a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 formou parte do Comité Revolucionario, arrestárono e puxérono en liberdade o 30 de novembro dese ano.

Fuxido. Paseado. Sancionado.

No momento do golpe de Estado agochouse cun compañeiro en Paredes, San Martiño de Vilaboa, Vilaboa (Pontevedra) e despois en Santo Adrán de Cobres, Vilaboa.

Na noite do 3 ao 4 de setembro unha delación levou aos falanxistas, gardas cívicos e tres gardas civís a arrodear a casa onde se agochaban. Apresáronos e conducíronos nunha camioneta ao Cuartel do Campo da Feira, onde os torturaron de xeito salvaxe.

O seu cadáver apareceu na mañá do día 5 no cemiterio de Santa Mariña de Bora, Pontevedra (Pontevedra).

O día 05/02/1938 publicouse unha requisitoria contra el para que se presentase nunha causa por un delito de rebelión.

En agosto de 1940 condenouno o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña a dez anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, dez anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas. Indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha