← Volver atrás

Domínguez Costa, Pastora

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou no ano 1945 co latoeiro e sindicalista Jesús Vieiro Gómez. Veciños da rúa Vieiro, 10, Santa María de Sar, en Santiago de Compostela (A Coruña).

O seu home fora militante da CNT, dirixente do Sindicato de Metalúrxicos de Santiago de Compostela e afiliado ao Partido Sindicalista (PS).

Vítima colateral.

Jesús Vieiro formou parte do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, detido polos facciosos nos primeiros días do golpe militar, puxérono en liberdade, por erro, o día 28/08/1936 e agochouse desde entón ata 1945, cando decide presentarse. Mantívose acubillado debaixo dunha corte ata o ano 1945; alí atendíano os seus correlixionarios.

Casou con Pastora Domínguez Costa en decembro de 1945.

Jesús Vieiro volveu ás actividades na clandestinidade cara 1946 como vogal da Federación Local Obreira (FLO) de Santiago e Compostela e prendérono no ano 1947, xulgárono, condenárono a cadea perpetua, internárono na Prisión Provincial de Pontevedra e saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha