← Volver atrás

Domínguez Pacheco, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Guarda
(Pontevedra)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Sangriña, Santa Mariña de Paraños, Covelo
(Pontevedra)
- 10/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 32 anos. Casado con Manuela Baz Domínguez; tiñan un fillo: Antonio-Amable. Veciños da Guarda. Aprendeu o oficio de fogueiro mentres estivo na Armada. Irmán de Jesús Domínguez Pacheco, encarcerado, e de Ángel-Santos Domínguez Pacheco, paseado con el.

Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) Nueva Marina da Guarda, fundado en 1936 e vencellada á CNT. Pertenceu a Agrupación Republicana (AR) guardesa, que logo se integrou no Partido Galeguista (PG).

Paseado.

Como outros veciños guardeses participou na resistencia ao golpe militar nos grupos de defensa e na folga xeral.

Prendérono os rebeldes o día 27 de xullo.

Morte rexistrada a causa de acción da forza pública franquista.

O seu cadáver apareceu en Paraños, preto do cemiterio da Guarda.

Ese dez de agosto pasearon en Paraños a: José-Vicente Alonso Portela, chofer; Ángel-Santos Domínguez Pacheco, mariñeiro; Antonio Domínguez Pacheco, mariñeiro; Herminio Domínguez Pérez, xornaleiro, e Julio Saavedra Galiñanes, xornaleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha