Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 28 anos. Veciño desde 1934 de Sobrado, San Pedro de Triós, O Pereiro de Aguiar. Cursou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Despois de aprobar as oposicións nomeárono mestre nacional de Triós en novembro de 1934.
Afiliado á Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO). Militante do Partido Galeguista (PG) en Covas e Triós, no que traballou como secretario local.
Fuxido. Encarcerado. Depurado. Paseado.
Antonio andou agochado e entregouse ás autoridades facciosas o día 27/07/1936.
Ingresárono na Prisión Central de Celanova (Ourense).
Ábreselle un expediente de depuración e destituírono como mestre o seguinte 4 de agosto. O día 08/05/1940 a Comisión de Maxisterio de Ourense suspéndeo de emprego e soldo durante dous anos e decreta o seu traslado fóra da provincia.
Xulgárono en consello de guerra en Ourense no ano 1936 e condenárono á cadea.
Morte rexistrada en Codesal a causa de ferida de arma de fogo e despois de que o sacaran da cadea de Celanova; o seu corpo guindárono ao río Miño.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.