Nacemento:
Morte:
Tapiceira e vernizadora, 19 anos. Compañeira de Liberto Sarrau Royes (Fraga, Huesca), encarcerado. A súa familia emigrou a Barcelona no ano 1934, logo da folga xeral revolucionaria de outubro.
Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL). Secretaria do Sindicato da Elaboración da Madeira e da Decoración en Barcelona.
Exiliada. Encarcerada.
Durante a guerra civil combateu en Barcelona contra os militares rebeldes.
No ano 1939 exiliouse en Francia, onde a prenderon e encarceraron polo seu activismo; foxe do campo de prisioneiros de Briançon, nos Alpes Altos (Francia).
En 1946 era militante do Movemento Libertario de Resistencia (MLR), entrou clandestinamente en España e participou en moitas accións antifranquistas.
Detida en 1948 en Barcelona co seu compañeiro Sarrau, torturárona durante 18 días na comisaría da Vía Layetana, en Barcelona.
Xulgada en consello de guerra en Barcelona polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Puxérona en liberdade condicional en xaneiro de 1949 e préndena de novo en abril de 1952.
En febreiro de 1953 condenárona a 12 anos de prisión.
Obtén a liberdade en 1954 e no 1956 marcha cara Francia e instálase en París con Sarrau.
Regresou a España e estableceuse de xeito definitivo en Barcelona no ano 1992.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.