← Volver atrás

Echevarría Elosegui, Luciano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Larrabetzu
(Biscaia)
- 25/08/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de Larrabetzu. Carpinteiro carroceiro.

Encarcerado.

O día 16/10/1936 incorporouse ao exército republicano e mantívose nas frontes de guerra ata que o feriron o 12/07/1937. Logo de que o hospitalizaran, incorporouse ao Batallón Asturias o 16/09/1937 e, o seguinte día 23 de setembro, evádese cara a zona rebelde.

Os franquistas internárono no campo de concentración de Medina de Rioseco (Valladolid) e o 07/12/1937 conducírono á Prisión Militar de Salamanca.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Salamanca o día 06/05/1938 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 2186/37, co resultado de sentenza a 25 anos de reclusión maior e expulsión do exército segundo resolución do 06/05/1938.

O día 05/09/1938 trasladárono á Prisión Provincial salmantina. Conducírono á Prisión Central de Celanova (Ourense) o 21/01/1939, de onde o remitiron á Prisión Provincial de Lugo o día 17/11/1939.

Interno na cadea de Lugo, deixárono en prisión atenuada no seu domicilio de Larrabetzu o 19/06/1941. Publicaron a súa librdade condicional no BOE nº 198 do 17/07/1941.

Pena ordinaria conmutada na Comición Provincial de Exame de Penas de Salamanca, o día 07/04/1943, pola de seis anos e un día de prisión menor.

Procesárono tamén por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha