← Volver atrás

Escariz Bugallo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 13/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e político, 31 anos. Solteiro. Veciño da rúa do Socorro, 59-1º dereita, na Coruña.

Destacado militante do PCE. Candidato pola Coruña nas eleccións de 1933 por Xuventude Republicana (XR) co seu camarada Gumersindo Montero Montero. Presidente do Sindicato de Peóns e Albaneis da Coruña en 1928, vencellado á CNT.

Detido en abril de 1934 pola colocación de carteis subversivos na Coruña.

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Cando se produce a sublevación militar sería un dos defensores da República na Coruña e estivo apostado no Cine París o 20 de xullo.

Manuel figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”; fichado e considerado comunista, prendérono.

Morte rexistrada no Rexistro Civil da Coruña a causa dunha hemorraxia interna.

Soterrárono o día 13 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Luis Barrio Rey, Manuel Carrera Miragaya, Emilio de la Iglesia Rey e Francisco Raña Boquete.

No informe da Policía Armada aparece manuscrita unha cruz a lapis o que indica que morrera. Tamén consta indicada unha D (detido).

Abriuse unha causa na Coruña para esclarecer o seu pasamento de xeito violento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha