← Volver atrás

Escudero Torres, Manuel

Alcume: Barquerito
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Poio
(Pontevedra)
- 01/01/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Poio
- 04/09/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Latoeiro, 47 anos. Casou en maio de 1917 con María-Gloria Salgueiro Abal; tiveron dez fillos, seis mulleres e catro homes: Manuel, Gloria, Peregrina, Josefa, Rafael, Consuelo, Emilia, Carmen, Juan e Damián. Veciños de Pontevedra. Os Escudero Torres eran nove irmáns.

Manuel tiña o seu taller na rúa do Comercio, 12, en Pontevedra. Chegou a ser toureiro e un inventor de éxito, sobre todo pola súa máquina de produción de enerxía eléctrica para os fogares a partir dunha máquina que funcionaba con gas acetileno.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe dos militares sublevados fuxiu e ocultouse.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra no momento da firma da sentenza.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha