← Volver atrás

Facal Chans, José

Alcume: Costales
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Corme, Ponteceso
(A Coruña)
- 07/05/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Corme
- 01/01/1971 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Patrón e armador, 26 anos. Casou con Carmen Soto Gagino en 1938 en Barcelona e tiveron que volver casarse en 1942 porque os franquistas non recoñeceron o seu matrimonio contraído na República; tiveron catro fillos e unha filla: José, Ángel, Emilio, Claudio e Carmen. Veciños de Trintxerpe, Pasaia (Guipúscoa). Irmán de Jesús Facal Chans, morto en combate.

Republicano do PCE e afiliado á UXT.

Exiliado. Encarcerado.

Cabo miliciano de metralladoras no Batallón Carlos Linier, malferírono no combate do monte Sollube, Bermeo (Biscaia) o día 08/05/1937 e perdeu un brazo.

Viviu en Francia, onde estivo hospitalizado en La Roseraie.

Ao volver a España encarcerárono por un tempo.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

En 1947 creou unha empresa de remolcadores no País Vasco, Remolcadores Facal.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha