← Volver atrás

Fajardo Pita, Abelardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 19/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Traballador do comercio, 31 anos. Casado. Veciño da rúa Campo de Artillería, 29-2º, na Coruña. Irmán de Pedro Fajardo Pita, tamén paseado e de Petra-Andrea Fajardo Pita, encarcerada .

Pertenceu ao Partido Radical Socialista (PRS) e, co tempo, simpatizou co comunismo.

Socio das Irmandades da Fala.

Por mor da revolución de outubro de 1934, prendérono o día 14 dese mes baixo a acusación de ser sospeitoso da queima da igrexa parroquial de San Pedro de Visma (A Coruña). No rexistro do seu domicilio atoparon libros e folletos que se relacionaban coa revolución rusa, cartuchos de pistola e un carné do Socorro Rojo Internacional (SRI). Procesado na causa 196/34, deixárono en liberdade por falta de probas.

Paseado.

Cando se produce o triunfo do golpe militar figuraba como fichado nos informes da policía represora e considerado comunista.

No informe policial aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que morrera.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha