← Volver atrás

Fandiño Pidre, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado. Sancionado

Nacemento:

Moaña
(Pontevedra)
- 14/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 31/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 34 anos. Casou con Nieves Villaverde; tiñan unha filla e un fillo: María-Nieves e José-Cándido. Veciños de Moaña. Emigrou a Nova York (EEUU) co seu pai. En 1935, cos aforros da emigración, montou un café económico na súa casa da Seara, Virxe do Carme de Moaña, Moaña.

Militante da CNT e do sindicato Solidaridad Marinera.

Elixírono concelleiro da comisión xestora de Moaña no ano 1936; nomeado alcalde desta localidade o día 22/03/1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).

Depurado. Executado. Sancionado.

Despois do golpe militar destituírono da alcaldía o día 22/07/1936.

Nun intento por salvar a vida chegou a contribuír economicamente coa Falanxe local con 25 pesetas. Finalmente arrestárono e procesárono; acusárono con falsidade de masón.

Xulgado en consello de guerra en Vigo, o día 12/12/1936, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Finaron fusilados en Vigo no mesmo día: José Fandiño Pidre, industrial; José Fervenza Pena, mariñeiro; Fernando Lago Lago, fundidor, e Jesús Vilariño Santomé, mariñeiro.

A súa dona desprazouse a Burgos e foi quen de conseguir o seu indulto pero cando chegou a Vigo con esta resolución ao seu home xa o executaran.

Embargáronlle a súa casa os sediciosos. Os seus fillos emigraron a América.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha