Nacemento:
Morte:
Pintor, 28 anos. Casado con Mercedes Búa Tajes. Veciños de Santiago de Compostela. Irmán de Maruxa Fandiño Ricart, denigrada; Coralia Fandiño Ricart, denigrada; Manuel Fandiño Ricart, encarcerado e de Antonio Fandiño Ricart, encarcerado.
Anarcosindicalista. En 1936 era secretario da Federación Local de Sindicatos en Santiago de Compostela, integrada na CNT.
Fuxido. .
Artellou a organización da expedición proletaria que saíu na defensa da República contra os fascistas na Coruña.
Despois de que os golpistas os superaran marchou cara Noia e sumouse á fuxida dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa que saíron desde Muros (A Coruña) cara Francia. Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.
Ao coñecer que o norte resistía contra dos franquistas, desembarcaron en Bilbao (Biscaia) e incorporouse ao exército republicano. Secretario da Agrupación Confederal Galaica, loitou nas frontes do Principado de Asturias e de Valencia.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela na causa 95/36.
Ao remate da guerra civil marchou a Francia.
Volveu á Coruña nos anos sesenta e defendeu a volta da CNT á legalidade.
Segundo algunha testemuña semella que estivo preso dos franquistas no campo de Albatera (Alacante).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.