← Volver atrás

Feás Álvarez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vilamartín de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Cereixido, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, 41 anos. Veciño de Vilamartín de Valdeorras.

Paseado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 336/37, co resultado de sentenza de sobresemento.

O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a Augusto González Cao; castigou a cadea perpetua a: Juan González Sotelo, Antonio Pérez González e Jesús Rodríguez Sánchez; pena de 15 anos de prisión para Carlos Prada López; auto de sobresemento para: Manuel Feás Álvarez e Manuel Mon Carriba; declararon fuxido a Ovidio Rodríguez López. Tamén procesaron a outras persoas, entre elas a José Fernández Arias.

Despois do golpe militar rebelde un número importante de valdeorreses foxe aos montes.

Un importante grupo destes fuxidos estaban agochados nos montes próximos a Santa María de Cereixido, a uns 20 quilómetros de Valdeorras. Entre eles contábase Manuel Feás.

A primeiros de setembro de 1936 un grupo de 14 persoas acubillábanse nun pallar de Cereixido. Nesa noite un grupo de 50 falanxistas e 30 gardas civís arrodeou o pobo na madrugada, incendiaron o pallar dos refuxiados; morreron todos por mor das lapas ou baixo o fogo das armas represoras. Manuel foi unha desas vítimas.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Cereixido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha