← Volver atrás

Fernández Álvarez, Reinerio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Las Caldas, Oviedo
(Principado de Asturias)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 10/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Armeiro, 26 anos. Veciño de Las Caldas. Armeiro axustador.

Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU), da UXT, do Socorro Rojo Internacional (SRI) e da Agrupación Socialista (AS) de Las Caldas.

Condenado por participar na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e amnistiado pola Fronte Popular (FP).

Executado.

Formou parte dos primeiros grupos armados que atacaron Oviedo (Principado de Asturias). Secretario do Comité de Guerra de La Monjoya, Oviedo.

Durante a guerra civil combateu no Exército Popular da República no 218º Batallón de Infantería Matteotti da 2ª Brigada Mixta, 1ª División do Exército do Norte co grao asimilado ao de tenente.

Apresado polos fascistas a bordo do vapor Gaviota cando tentaba escapar cara Francia e despois da caída da fronte asturiana. Internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 09/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono no Forte do Castro, en Vigo, e soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Pereiró.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha